Ana Mª Míguez Vigo


Categoría: Asesora de empresa
Data de Nacemento: En 1949
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Exerce a súa profesión como técnica especialista en asesoramento de Empresas e Seguridade Social con despacho en Vigo. Como feminista milita nos movementos feministas desde 1974, asistindo e participando en todos aqueles foros onde se plantexa a discriminación da muller, España, Francia, México, Iugoslavia, Pekín, Berlín... En 1971, ó finaliza-los estudios de Graduado Social, comeza a traballar no Departamento de Recursos Humanos no Grupo de Empresas Álvarez en Vigo. Dentro deste grupo de empresas mantén campañas informativas sobre anticoncepción e control do embarazo dirixidas ás mulleres, información que provoca a protesta e denuncia dos sectores máis reaccionarios da cidade, sendo citada en tres ocasións ante o Inspector Xefe de Policía de Vigo, xa que os anticonceptivos estaban penados pola lei. En 1981 deixa o exercicio da profesión na empresa privada e establécese con despacho propio como asesora de empresas e Seguridade Social. En 1984 participa na fundación da asociación feminista ALECRÍN, organización que preside na actualidade. Compaxina a súa profesión coa presidencia de Alecrín.

 Obras realizadas

En 1968, con seis compañeiros crea en Vigo o grupo cultural “O Castro”, asociación cultural que ten como finalidade reivindicar nos ámbitos culturais e relixiosos o galego como lingua propia. En 1974 crea a cooperativa de vivendas do grupo de empresas “Álvarez” e a súa militancia feminista lévaa a visitar casas de acollida para mulleres maltratadas en Francia. En 1975 créase en Vigo a organización feminista “Asociación Gallega de la Mujer” (AGM), á que pertence desde a súa fundación ata 1982. En 1976 contacta coas organizacións feministas de México, participando nos grupos de traballo da organización feminista “Mujeres por la Igualdad”. En 1993 visita a antiga Iugoslavia cunha comisión española e europea coa finalidade de denuncia-las atrocidades que se están cometendo coas mulleres. En 1995 participa na Conferencia Mundial de Pekín como representante de Alecrín, presentando nesta conferencia a proposta de inclusión do acoso sexual laboral, sendo aceptada pola comisión e incluída nas conclusións finais. En 1999 promove a creación da “Cátedra Caixanova de Estudios Feministas” da Universidade de Vigo e na que agora é secretaria representando á patrocinadora Caixanova. No ano 2003 comparece no Parlamento Galego ante a Comisión Especial sobre Prostitución (xullo, 2003) e no Senado ante a Comisión Especial sobre a Prostitución (novembro, 2003).

 Outros datos de interese

Recibiu diversos premios como recoñecemento o seu labor a favor dos dereitos das mulleres entre os que destacan o Premio Galicia en Feminino á participación cidadá. Ano 2004 (galardón outorgado polo Servicio Galego de Igualdade, organismo dependente da Xunta de Galicia, Premio Galega Destacada. Ano 2000 (galardón outorgado polo Concello de Vigo) e Premio Voz á mellor labor solidaria. Ano 1999 (galardón outorgado polo Grupo Voz).