Aurora Vidal Martínez


Categoría: Escritora
Data de Nacemento: 28 de agosto de 1910 (†10 de agosto de 2005)
Lugar de Nacemento: Pontevedra
 Currículum

Estuda Maxisterio en 1931, cursa o grao profesional e exerce a ensinanza en diversos destinos de Galicia, Castellón e Canarias.
A súa condición de escritora maniféstase moi cedo, colaborando nas distintas revistas literarias da época, como ‘Vida Gallega’ e ‘Sonata Gallega’. Participou durante moitos anos na vida cultural da capital do Lérez, especialmente nos ámbitos da lírica e o teatro. Paralelamente á súa actividade docente, con tenacidade e fonda vocación, elaborou unha -en galego e castelán- de notable amplitude.
En 1952 foi nomeada membro correspondente da Real Academia Galega, proposta para esta distinción por Leandro Carré Alvarellos, Antonio Couceiro Freijomil e Francisco Vales Villamarín.
Participou activamente na vida cultural pontevedresa. Outras facetas da escritora e poetisa quedan patentes nos escenarios pontevedreses como son as de dramaturga e excelente escenógrafa, nos anos que van desde 1949 a 1995 mediante repetidas representacións teatrais da súa bra inédita, xa en prosa ou verso. En 1949 impulsou o Teatro Experimental da Arte, grupo do que exerceu tamén como directora.

 Obras realizadas

Entre as súas obras máis representativas destacan: ‘Camino de Belén’ (1946), ‘Poemas de Nenos e paxariños’ (1958) e ‘Os contos do avó’ (1993).