Manuel Rodríguez Díaz


Pseudónimo:Rodim
Categoría: Pintor
Data de Nacemento: 24 de novembro de 1938
Lugar de Nacemento: Sarria (Lugo)

   Cultura
 Currículum

De formación autodidacta, comezou a pintar ós catorce anos, conseguindo os seus primeiros premios nos Certames Xuvenís de Arte, organizados pola Delegación Nacional de Xuventude. Nos anos sesenta, comeza a pintar á espátula, cunha técnica moi personal e depurada e que segue utilizando actualmente. A súa obra atópase repartida por toda Galicia e unha grande parte de España. Na actualidade, expón a súa obra en Barcelona, Tarragona e distintas localidades de Galicia. Participou ultimamente en exposicións colectivas no estranxeiro, Dinamarca e Miami (Estados Unidos) e desde hai sete anos, imparte clases de pintura nos Talleres Municipais de Sarria.
A súa temática preferida é a paisaxe, se ben realiza tamén outros temas como a mariña, o retrato, o bodegón e temas de composición e costumbrismo.
A súa obra caracterízase pola grande luminosidade e colorido, así como un desbordante realismo. Practica outras técnicas como son o pastel e o temple mural ó ovo (técnica moi clásica utilizada na antigüidade polos exipcios) que tamén realiza con espátula.

 Obras realizadas

En 1996, pintou un óleo de grandes dimensións por encargo do Concello de Sarria, co gallo da restauración da Casa Consistorial, onde se atopa exposto.
Actualmente ten exposta a súa obra, con carácter permanente, na súa galería privada da Rúa José Antonio, en Sarria.
Durante un período de vintecinco anos, permaneceu inactivo na pintura, por dedicarse a impartir clases de debuxo en centros privados de Ensinanza Media.

 Outros datos de interese

En 1996, o Concello de Sarria, organiza unha exposición de homenaxe a cinco pintores sarrianos do século XX, entre os que se inclúe a RODIM. O evento tivo lugar na Sociedade La Unión de Sarria.
En 2008 participou na Feira Internacional que se celebrou na cidade de Dubai nos Emiratos Árabes.