Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor na mesma especialidade pola Universidade de León. Na actualidade exerce como Catedrático de Lingua e Literatura de ensino medio en Castela e León.
Con once anos foi un dos membros fundadores do xornal A Voz de Vilalba en 1983. Hoxe segue vencellado, dalgún xeito, ao mundo do xornalismo como colaborador habitual en diversos medios dixitais e de papel. O libro Como rematar cos libros dunha vez por todas (2023), con limiar de Helena Villar Janeiro, recolle unha breve escolma da súa producción xornalística.
No eido da crítica e didáctica da literatura é autor dunha monografía, La obra literaria de Gabino-Alejandro Carriedo (2008), editou os sonetos deste autor coa Fundación Díaz Caneja de Palencia (2010) e participou en obras colectivas como Literatura actual en Castilla y León (2005), Sombrario (2018) ou Relato de viajes y novela (2020), ademais de colaborar en revistas como Estudios Humanísticos, Lectura y signo, Monteagudo, Lucensia, Creneida, Traslaciones, La Galerna...
Como autor de ficción publicou unha colección de relatos, Historias da RUMC (2005), e algúns dos seus textos foron recollidos en antoloxías como: Segundos cortos (1998), Los esquinados (2014), Cronófagos (2019), Cuentos de la Nueva Normalidad (2020), Historias no Camiño (2021), Aki no koe (2022)...
Formou parte das bandas de rock The Vicentes e A banda íntima de Martin Frost, que en 2022 editou o álbum El fin de algo, acompañando a David Loss, músico leonés afincado en Nova York, traballo producido xunto con Kike Cardiaco.