Miguel Ángel Sanjurjo Sixto


Categoría: Cantautor
Data de Nacemento: 20 de novembro de 1942
Lugar de Nacemento: San Sadurniño (A Coruña)
 Currículum

Membro fundador do grupo “Saraibas”, participa desde 1978 en tódalas actividades propias do grupo como intérprete e coautor dos seguintes títulos: “Nación”, “Galego na escola”, “Os aproveitados da fala”, “Toniño”, “Cantade connosco”, “A terra dos dous”, “Camiño longo” e “Non preciso máis”. Ademais, é o autor do texto de “Revola-vola”, “O vello”, “Chorima”, “Ai galeguiños”, “Os Carecas”, “Carballo”, “Manoeliño”, “Mil primaveras máis”, “A xunta da culata”, “Tóxicos”, “Vivencias” e da música dos seguintes temas: “Galicia nai”, de Ramón Cabanillas e “Poesía” do disco de homenaxe a Celso Emilio Ferreiro. Tamén é autor de temas infantís como “O autobús” e “O sol abusón”.