Felipe Rodríguez Piñeiro


Pseudónimo: Pantera de Arousa
Categoría: Boxeador
Data de Nacemento: 22 de decembro de 1953 († 1 de xuño de 2000)
Lugar de Nacemento: Vilaxoán, Arousa (Pontevedra)
 Currículum

Comezou a súa carreira puxilística cando era un neno nun provisorio ring cerca da praia de Canelas. En 1972 disputou o seu primeiro combate, pasando pronto a formar parte do equipo español afeccionado, sendo campión dos Xogos Mediterráneos. Como afeccionado foi campión de España dos pesos pesados en 1974 e 1976. En 1974 gañaría a medalla de prata do V Torneo Internacional de Holanda. O primeiro combate como profesional disputouno o 13 de maio de 1977, vencendo a Francisco López Barrilado. En Pontevedra conseguiu por primeira vez o título nacional dos pesos pesados, ó vencer a Fermín Hernández o 1 de abril de 1978, título que ninguén lle conseguiu arrebatar. Nos anos 1983-84 Enrique Soria encárgase da súa preparación, pelexando en Alemaña, Dinamarca, Italia e Sudáfrica. No pavillón de Pontevedra foi onde máis combates disputou, poñendo en xogo catro veces o Campionato de España, fronte a Alfredo Evangelista, Avenamar Peralta e Fermín Hernández. Pelexou catro veces polo título europeo, pero non o gañou en ningunha ocasión. Os rivais foron o francés Lucien Rodríguez e o italiano Lorenzo Zenon. Disputou 38 combates, gañando 25, fixo 5 nulos e perdeu en 8 ocasións. Pelexou contra púxiles como Tom Halpern, Albert Sybem, Tony Moore, Terry O´Connor, Alí Lakusta e Alfredo Evangelista. Retirouse do boxeo activo o 8 de agosto de 1987, pelexando contra o francés Jean Chanel. Traballou nunha compañía de seguridade e no programa ‘Luar’ da Televisión de Galicia e volveu a Vilaxoán traballando de vixiante xurado na Confraría de Pescadores ‘Virxe do Rosario’ de Vilaxoán.

 Obras realizadas

Aparece xunto a outros galegos ilustres no libro ‘Gallegos’ e na Gran Enciclopedia Galega. O 1 de xuño do ano 2001, o Concello dedicoulle unha estatua de bronce no Parque Dna. Concha, obra do escultor Alfonso Vilar.