Iníciase no violín desde a infancia, no seo da familia, e posteriormente con N. Casale, A. Toledo e outros. Licenciada en Xeografía e Historia (Santiago de Compostela), oficializa os seus estudos musicais xa adulta. Dedicada á docencia do violín e maila viola desde 1992 en conservatorios galegos, foi parte da ‘Xove Orquestra de Galiza’ e violinista no conxunto de Emilio Cao. Leva 10 anos sendo parte do grupo de música galega ‘A Quenlla’.
Gravou CD’s e fixo actuacións públicas con repertorio popular, creacións propias e música clásica.
Forma dúo con súa irmá Laura. O dúo é consecuencia directa de medrar xuntas e facer música xuntas, de partillar experiencias, ambientes, inquedanzas e loitas. As vocacións fundamentais da súa actividade son a divulgación, a solidariedade e maila xolda.