Biólogo e profesor de ensinanza secundaria.
É un dos iniciadores da CF galega e autor dunha das primeiras novelas do xénero nesta lingua, Soños Eléctricos (Xerais, 1992), galardoada nese ano co premio Blanco Amor de Novela Longa, sendo a única obra de CF premiada neste certame, o máis antigo de novela en galego.
LITERATURA INFANTIL E XUVENIL: É o creador da serie As aventuras de Said e Sheila, ilustrada por Miguelanxo Prado, primeira saga de CF en galego dirixida ó público infantil e xuvenil, que constará de seis títulos dos que os dous primeiros están xa publicados: Perigo Vexetal (que obtivo o Premio Merlín, Xerais, 1995) e Ameaza na Antártida (Xerais, 1997). O terceiro volume, O futuro roubado, será publicado na mesma colección en poucos meses. Tamén publicou Micifú e os seus amigos (2000); Ruki, o rato robot (2003); O cabo da serpe (2004); e a peza teatral Historia dunha sobreira (2001); Perigo vexetal (Premio Merlín, 1995), e culminada con A negrura do mar (2004), Premio Frei Martín Sarmiento 2006.
RELATOS: Manuel (Ir Indo, 1990), Crónica de Sucesos (Ir Indo, 1991), Lumefrío (Xerais, 1994) e Fendas no tempo (Espiral Maior, 1995). Estes dous últimos inclúen, entre outros xéneros, varios relatos breves de CF.
NARRATIVA: É coautor de varios libros colectivos: Narradores de Cine (Xerais 1996), Novo do Trinque (BNG, 1997) e E dixo o corvo...", (Xunta de Galicia, 1997).
POESÍA: Cerne das Labaredas (Espiral Maior 1994), Secuencia(is) (Edicións do Estrume 1999), e Xeografías do Sal (Deputación da Coruña 1999) entre outros. Xeografías do Sal, libro plural e aberto, recolle unha selección do traballo poético do autor ó longo de catro anos, seguindo liñas distintas e, por veces, contradictorias; e supón unha clara aposta pola renovación temática e formal da nosa poesía. Os seus poemas e relatos foron recollidos tamén, dentro e fóra de Galicia, en revistas como Dorna, Anima+l, Luces, A Santa Compaña, Alba, Octubre, Albor de la Palabra, Poesía Galicia, Rollo Klave, Riveira... e en distintas recopilacións e antoloxías.
É tamén autor de pezas de teatro infantil e de guións de cómic e programas radiofónicos. Animador de múltiples actividades culturais, foi o primeiro presidente (1994-97) da Asociación Cultural "A Santa Compaña" de Cambados, onde reside. Desenvolveu unha intensa actividade periodística desde os anos oitenta, sendo creador das series de artigos "Blues da Fronteira"(La Voz de Galicia) e "O Libro de Area" (Faro de Vigo), e colaborador habitual de suplementos culturais como "Galicia Literaria", "Revista das Letras" o "La Ría del Ocio".
PREMIOS:
1992. Premio Blanco Amor por Soños Eléctricos.
1995. Premio Merlín por Perigo Vexetal.
1995. Cidade de Ourense de Poesía por Flor no Deserto (Concello de Ourense)
1997. Café Dublín de Narrativa Breve por Sarou.
2003. Premio Risco de Literatura Fantástica por O Sangue dos camiños.
2006. Premio Frei Martín Sarmiento por A negrura do mar.