Xosé Artiaga Barreira


Pseudónimo:Xosé Artiaga
Categoría: Pintor
Data de Nacemento: 10 de xullo de 1955
Lugar de Nacemento: Mondoñedo (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

Catedrático de Plástica no Instituto de Ensinanza Secundaria Iturralde (Madrid), colaborou con artigos e ilustracións en distintos xornais ‘Diario 16’, ‘El Progreso’, ‘Faro de Vigo’, ‘El Correo Gallego’, ‘Galicia Terra Única’, ‘Monfadal’... e fixo ilustracións de libros de poesía.

 Obras realizadas

-1986: Galería ‘Sargadelos’ (Santiago de Compostela); ‘1990’, itinerante; ‘Galicia: chove sobre mollado’, Palacio Magdalena (Santander) e ‘Dezasete Pintores de Lugo’, itinerante, Bos Aires (Arxentina).
-1987: Casa da Parra (Santiago); Sala ‘Durán Loriga’ (A Coruña) e IX Bienal Nacional de Arte (Pontevedra).
-1988: Galería ‘Columela’ (Madrid).
-1989: ‘Revisión dunha década 1978/1988’ (Santiago de Compostela), itinerante.
-1990: Galería ‘Emilio Navarro’ (Madrid); II Bienal Cultural da Rioxa (adquisición obra) (Logroño); ‘En la arena’, Galería ‘Emilio Navarro’ (Madrid) e IV Premios Constitución de Pintura (adquisición obra).
-1991: ‘Cuarenta grados a la sombra’, Galería ‘Emilio Navarro’ (Madrid) e XI Salón de los 16, Palacio Velázquez, Centro de Arte Reina Sofía (Madrid).
-1992: Galería ‘Delpasaje’ (Valladolid); ‘XI ARCO’, Galería ‘Emilio Navarro’ (Madrid); EXPO-92, Pavillón de Galicia (Sevilla); ‘Chicago International Art Exposition’, Galería ‘Emilio Navarro’ (USA); ‘Art 23' 92’, Galería ‘Emilio Navarro’ (Basel) e ‘Créations 92 – Espagne’, Maison des Arts Georges Pompidou, Cajarc (Francia).
-1993: XII ARCO, Galería ‘Emilio Navarro’ (Madrid); ‘Trazos e camiños’, itinerante e III CertamenNacional ‘Ciudad de Alcorcón’ (adquisición obra).
-1994: ‘Ultreia’, itinerante.
-1996: ‘Mondoñedo: máis preto’, itinerante.
-1997: ‘Galicia 1900-1990’, Hospital da Caridade (Ferrol); ‘Galicia hoy’, Fundación Barrié da Maza (A Coruña) e Galicia exterior’, Estación Marítima (Vigo).
-2000: Galería ‘Bacelos’ (Vigo) e ‘Novas adquisicións CGAC’ (Santiago de Compostela).
-2002: ‘Trans’, Museo Provincial de Lugo.
-2003: ‘Marea negra’, itinerante.
-2004: ‘Ars Moenia’, itinerante e ‘Excéntrico’, Museo Provincial de Lugo.

 Outros datos de interese

Parte da súa obra figura no Concello de Mondoñedo, na colección de arte da Xunta de Galicia, Cultural Rioja (Logroño), Colección Banco de España (Madrid), Colección Junta de Extremadura, Colección Comisionado do V Centenario de Galicia, Comunidade de Madrid, Concello de Alcorcón e Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) (Santiago de Compostela).
Ademais, realizou murais para a Xunta de Galicia en edificios públicos de Lugo, Viveiro e Xermade.