Fixo estudios de Decoración e iniciación á pintura na Escola de Artes da Coruña. Foi alumna do escultor e pintor Antonio López e a pintora Antonia Villaverde. Nestes últimos anos, a súa dedicación á pintura é absoluta no seu estudio que comparte tamén como escola taller, impartindo clases de debuxo artístico e pintura.
Membro da Asociación de Artistas Galegos “ARGA”, CIALEC (Centro Internacional de Arte y literatura Equipo Córdoba), e da Asociación de Artistas de Marbella “COART”.
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
1996. Hércules Coruñés (A Coruña) e Sociedade cultural de Sada (A Coruña).
1997. Casino da Coruña e Liceo de Betanzos (A Coruña).
1999. Asociación de Artistas da Coruña e Restaurante Bania (A Coruña).
2000. Sala Goya (A Coruña) e Casa da Cultura de Quiroga (Lugo).
2002. Xunta de Galicia (Lugo).
2003. Tekaoba (A Coruña).
2004. Casino Mercantil (Pontevedra), Hotel Pazo de Mendoza, Baiona (Pontevedra) e Sala Aires (Córdoba).
2005. Sala Alberto Sánchez (Madrid), Asociación de Artistas da Coruña, Casino de Marbella (Málaga) e Galería Maes (Madrid).
2006. Galería Nin Art Gallery (Madrid).
EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
1987. Unión Fenosa (Madrid) e Excelentísimo Concello da Coruña.
1996. Casino da Coruña.
1996-1997-1998-1999-2004. Asociación de Artistas da Coruña.
2002. Balconadas de Betanzos (A Coruña) e Casa da Cultura de Bueu (Pontevedra).
2003. Centro cultural José Domínguez Guizán, Begonte (Lugo).
2005. Mercado da arte. Aires de Córdoba.
2006. Galería Factoría de Babel (Madrid), Hotel Eurostars (A Coruña), Galería A Tecedeira (A Coruña), Sala Casino de Marbella (Málaga), Galería Toranto (Barcelona),
Arte 3 (Orense), Casino Nova Andalucía Marbella (Málaga).
2007. Galería Art&Fer Pur Creations (París), Casino Atlántico (A Coruña), Galería Arte-Imagen Meliá María Pita (A Coruña), Galería Xerión (A Coruña), Concello de Buitrago del Lozoya (Madrid), Un paseo entre arte, Sanxenxo (Pontevedra), Expo ADEGA (Itinerante por Galicia).
2008. Clube do Mar (A Coruña), Bodegas Riojanas Cenicero (La Rioja), Museo Cova de Medrano en Argamasilla de Alba (Ciudad Real), Sala Portanova (Ferrol), Casino de Ferrol, Galería “ARGA” (Santiago de Compostela).
2009. Espaço Loios, Oporto (Portugal), Galería Artear (Zaragoza), Galería Ramallosa, Nigrán (Pontevedra).
BIBLIOGRAFÍA: Libro de poetas 2008, Creadores IV, Creadores III (Córdoba capital Cultural 2016), Diccionario internacional de arte e literatura Contemporánea 2007, Diccionario internacional de arte e literatura Contemporánea 2006, Anuario de Pintura Contemporánea 2005, Guía Cultural de artistas galegos (Xunta de Galicia), Catálogo “III certame Arte Nova Galega 2008”, Catálogo “Encontro coa arte, lembrando a Blanco Amor”, Catálogo “Art Natura”, Catálogo “Galiza 5 visións”.
ILUSTRACIÓNS: Ilustración III Libro “Hablan los poetas con plumas y pinceles” editado por Espejo de Alicante, Editorial ECU.
Ilustración da portada do libro “Leyendas, Mitos y Creencias de Galicia” editado por Ellago Ediciones (Cumio).
Ilustración da revista “A falacia da Sustentabilidade” Renderén.