Inicia súa andaina colaborando coa revista cultural Bardos, onde coñece a Rubén Pérez Puig, co que funda o colectivo gráfico RuAn (http://cgruan.blogspot.com) no ano 1993, colaborou tamén coa xa desaparecida A revista (para a que creou a serie de humor Paxaradas©, serie que actualmente autoedita) Os conxuros e máis recentemente co “El batracio amarillo”.
Participou por dous anos consecutivos na exposición “Os que foron e os que son”, así como nunha exposición de banda deseñada organizada pola asociación cultural Meigalua. Actualmente, ademais da serie de banda deseñada "Nun mundo de paxaradas©", prepara outras tres e un libro infantil.