Realizou o Bacharelato Elemental no Instituto Concepción Arenal de Ferrol. Cursa estudios de Delineación e de Instalador Electricista na Escola de Mestría Industrial e realiza estudios de Bacharelato Superior no Instituto Nocturno. En 1972, despois da realización dun Curso de Formación Profesional de Armador, ingresa en ASTANO, onde desenvolve unha intensa actividade sindical que o levará a ser detido e procesado polo TOP en dúas ocasións. En 1976 é elixido secretario xeral da USO en Galicia, cargo que ocupa ata outubro de 1977 en que é elixido no Congreso Extraordinario membro da Comisión Executiva Confederal e trasládase a vivir a Madrid, ocupando a Secretaría de Acción Reivindicativa primeiro e a Secretaría Confederal de Emprego nun segundo mandato. En 1981 volve a Galicia, incorpórase a ASTANO e colabora na reorganización do sindicato. Desde 1981 é Secretario Xeral da USO en Galicia.
Ós 16 anos colabora con organizacións vencelladas ós movementos cristiáns, Secretariado Xitano, Cáritas, JOC, HOAC,etc. Foi enviado a face-lo Servicio Miliar ó Sáhara, onde colabora coa Organización Democrática de Soldados e mesmo co Fronte Polisario, coincidindo coa "Marcha Verde".
Casado, ten un fillo. O seu tempo libre dedícao a colaborar co movemento veciñal da Zona Rural de Ferrol, onde ten a súa residencia. É socio de diversas asociacións culturais e recreativas como a Sociedade Galega de Historia Natural e o Club do Mar.