Adolfo Abel Vilela


Categoría: Historiador e escritor
Data de Nacemento: 13 de Xunio de 1946
Lugar de Nacemento: Lugo
Teléfono: 982231059

Biblioteca Virtual GD

Opinión
 Currículum

Fixo estudios técnicos e humanísticos en Lugo, Santiago e Madrid. Entre as titulacións que posúe relacionadas coa Arte e a Historia están a de graduado en Artes Aplicadas na especialidade de cerámica, licenciado en Xeografía e Historia na especialidade de Arte Moderna e Contemporánea e doutor en Xeografía e Historia. É profesor numerario de Xeoloxía e Bioloxía de Ensino Secundario no Instituto de Ensino Secundario Nº1 de Lugo e Académico correspondente da Real Academia da Historia. Foi delegado provincial das Consellerías de Cultura, Educación e Cultura, e Cultura e Benestar Social e Director Xeral de Política Lingüística. Comisariou varias exposicións. Ten publicados dezasete libros, e colaborou en dez con outros autores. Son numerosos os artigos e conferencias sobre temas artísticos, históricos e antropolóxicos publicados en revistas especializadas.

 Obras realizadas

Entre as súas obras podemos destacar: 1972.- Origen de las edificaciones adosadas a la muralla de Lugo, 1ª edición. 1974.- 2ª edición. 1975.- 200 años de obras y restauraciones en la muralla de Lugo. 1975.- De la Constitución de 1837 al derrocamiento del sistema tributario. 1975.- Guía de las murallas romanas de Lugo. 1981.- El Bimilenario. 1981.- Cousas de Lugo, 1. 1984.- Cousas de Lugo, 2. 1985.- 50 años de Formación Profesional en Lugo. 1995.- Pacios, pintor e escultor. 1996.- Arquitectura y urbanismo en Lugo, Arquitectura del período isabelino y de la restauración. 1983.- Personajes reales en Lugo. 1996.- Guía de la muralla romana de Lugo. 1998.- Manuel Abelenda (1889-1957). 1999.- Arquitectura y urbanismo en Lugo. La plaza Mayor. 1999.- La Pompa funeral y festiva como exaltación del poder.