María Rosario Sarmiento Escalona


Categoría: Comisaria de exposicións
Data de Nacemento: 8 de outubro de 1957
Lugar de Nacemento: Santander
 Currículum

Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, é crítica de arte e comisaria de exposicións.

Traballou no Museo Arqueolóxico da Coruña, no Museo das Mariñas de Betanzos e, como técnica de exposicións, na Consellería de Cultura (Xunta de Galicia) e na Real Academia de Belas Artes da Coruña.

Entre 1992 e 1996 foi crítica de arte do xornal "La Voz de Galicia", colaborando tamén en revistas especializadas, como "Arte Ibérica", "Arte Omega" e "Arco Noticias". Foi membro fundador da Asociación Galega de Críticos de Arte. Foi comisaria, entre outras, das exposicións "Carlos Sobrino", "Si une grand'âge...", "Julia Minguillón", "A Xeración Doente", "Contravento e Marea" e "A Arte Inexistente: as artistas galegas do século XX". É coautora do libro "O cinematógrafo en Betanzos", ademáis de artigos e presentacións en catálogos de exposicións. Participou en xurados de Artes Plásticas de Xoves Valores da Bienal de Pontevedra, 1995, no do Premio de Artes Plásticas "Isaac Díaz Pardo", da Deputación de A Coruña, durante as edicións dos anos 1995, 1997 e 1999, na III, IV, V, VI y VII edición das Becas para Novos Artistas de Unión Fenosa, no V e VIII Premio Nacional de Gravado do Museo do Gravado Español Contemporáneo de Marbella, na XVI edición de Pintura do Concello de Cambre, no I Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas, no premio Máximo Ramos do Concello de Ferrol, na VI edición da Bienal Laxeiro de Lalín.

Participou en diversas mesas redondas e seminarios da UIMP, e da Universidade da Coruña, no Master sobre a xestión de Patrimonio Cultural da Facultade de Humanidades de Ferrol, no I e III Foro Juana Mordó sobre a creatividade feminina en Madrid e no I Congreso de Patrimonio Cultural en Sevilla sobre temas relacionados coas Artes Plásticas.

En 1996 é nomeada directora da Colección de Arte Caixa Galicia, organizando a súa filosofía e tódalas súas actividades expositivas.

En 1998 asume a xestión do Departamento de Proxectos Culturais da Fundación Caixa Galicia, pasando posteriormente a desempeñar a subdireción de programación da mesma, cargo que desempeña actualmente.