David Barreiro Martínez


Lugar de Nacemento: Madrid
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Técnico especialista de Grao Medio do CSIC, membro do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit), Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) coas especialidades de Prehistoria e Arqueoloxía (1994) e Xeografía Aplicada (Febreiro de 1997). Doutor pola USC coa tese “Arqueoloxía e Sociedade: proposta epistemolóxica e axiológica para unha Arqueoloxía Aplicada” (USC, 2005) dirixida por Felipe Criado, profesor de investigación do CSIC, e José Carlos Bermejo, profesor catedrático da USC.

 Obras realizadas

Actualmente os seus intereses de investigación relacionanse cos xeitos de produción, xestión e socialización do patrimonio cultural, así como nas relacións entre a práctica científica, especialmente a arqueoloxía, e os procesos de construción participativa do patrimonio, colaborando en redes científicas europeas e latinoamericanas orientadas a estas temáticas.

Publicou artigos científicos relacionados coas súas liñas de investigación e, en 2013, o volume 'Arqueológicas: Hacia una Arqueología Aplicada' (Ed. Bellaterra: Barcelona).

Organizou e coordenou cursos de especialización, posgrao ou mestría desenvolvidos pola USC e o IEGPS. Actualmente coordina a asignatura Patrimonio Arqueolóxico e Sociedade no Máster Interunivesitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade.