Foi director dos Informativos de Radio Lugo-Cadena Ser, responsable das seccións de Monográficos e de Cultura no xornal El Progreso e na actualidade é redactor xefe da cadena de televisión Localia-Telelugo, pertencente ó grupo El Progreso.
Como escritor, é autor dos libros de narrativa ‘Pucharcas’ e ‘Tabernarios’ e dos fascículos ‘El maquis en Lugo’ e ‘El crimen de la legua derecha’. É coautor, na compañía doutros escritores, dos libros ‘Contos no Camiño’, ‘Seis narracións para a radio’, ‘Cinguidos por unha arela común. Homenaxe a Alonso Montero’, ‘Coroa literaria para Roberto Blanco Torres’ e ‘Narracións eróticas’, así como do libro de poesía ‘Píntalo de verde’. A súa obra narrativa está publicada en revistas literarias como ‘Coordenadas’, ‘Atlántico Express’, ‘Luces de Galicia’, ‘Cuadernos del Norte’, ‘Grial’, ‘Capela’, ‘Xistral’, etc...
Como xornalista, entre outros premios, está en posesión do Premio Galicia de Xornalismo por unha serie de artigos de investigación sobre a loita dos maquis en Galicia.