María Pilar García Negro


Categoría: Profesora e política
Data de Nacemento: 9 de outubro de 1953
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

É licenciada en Filoloxía Hispánica, Filoloxía Galego-Portuguesa e doutora en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Entre 1976 e 1990 exerceu a docencia en ensinanza media na Coruña. É colaboradora da Asociación Sociopedagóxica Galega e da Asociación de Escritores en Lingua Galega, entre outras.

 Obras realizadas

É autora de estudios, ensaios e investigacións lingüísticas.

 Outros datos de interese

Pilar García Negro ten reservada unha páxina propia na historia política de Galicia por ter sido a primeira muller nacionalista en chegar ó parlamento autonómico. Foi en 1989 e, desde entón, mantén o seu escano de deputada. Ademais, é membro da Comisión Permanente do Consello Nacional do BNG.