Estudiou Farmacia en Santiago e exerceu a súa profesión en Monforte de Lemos e Palas de Rei (Lugo). Desde 1940 foi inspector farmacéutico e membro do Colexio de Farmacéuticos.
Eduardo Seijas publicou varias obras, entre as que destacan: El Camino Francés en la provincia de Lugo (en colaboración con Amando Losada), Clave de heráldica gallega, Clave de heráldica española, Clave de heráldica jacobea, etc. Dirixiu os mapas hidrolóxicos de Lugo, Ourense, A Coruña, Guipúzcoa, Logroño, Ciudad Real e Jaén. Tamén escribiu Pequeña historia de un gran café (inédito).
Eduardo Seijas foi distinguido coa medalla de bronce do Consello Xeral de Colexios Oficiais Farmacéuticos de España e conseguiu a encomenda da Orde de Alfonso X o Sabio e a encomenda con placa da Orde Civil de Sanidade.