Xosé Manuel Vázquez Martínez


Pseudónimo:Tuto Vázquez
Categoría: Actor e director de dobraxe
Data de Nacemento: 21 de marzo de 1947 (†29 de abril de 2010)
Lugar de Nacemento: Ribeira (A Coruña)
 Currículum

Estudiou Maxisterio e Filosofía e ten, ademais, o título de Declamación polo Conservatorio Profesional da Coruña e o de Interpretación polo Institut del Teatre de Barcelona. Realizou tamén cursos de voz, impartidos por Xesús Aladrén, de método, por Pepe Struch, de verso clásico, por Enrique Silva, de ritmo e improvisación, por Helena Ferrari, de interpretción, por Antonio Malonda e de movemento íntegro, polo grupo “Johannes Vardas”.

 Obras realizadas

Polo que respecta ó teatro, representou as seguintes obras: Escuadra hacia la muerte (Alfonso Sastre), El amor de los cuatro coroneles (P. Ustinov), Historias del zoo (E. Albee), En alta mar (S.Mrozeck), Escena para cuatro personajes (E. Ionesco), Sin querer (J. Benavente), Don Juan (Pushkin), Sonata de espectros (Stringberg), Farsa y justicia del corregidor (A. Casona) y A noite vai coma un río (A. Cunqueiro) co grupo de teatro experimental “Tespis”, Puntila e o seu criado Matti (B. Brecht) e O Señor Bonome e os incendiarios (Max Fricht) co grupo de teatro “O Facho”, Macbeth (W. Shakespeare), A longa viaxe do Capitán Zelta (X. Marín) e Os vellos non deben de namorarse (A. Castelao) co grupo “Teatro – Circo” e A noite vai coma un río (A. Cunqueiro), A boda de Sganarello (Moliere), Chejov, Chejov (Antón Chejov) e ¡Ei Freihmulle! (Xesús Pisón) coa Escola Dramática Galega. Tamén representou o papel protagonista nas seguintes series de televisión: “Superamigos” (dous programas), “O Verdugo”, “Roque das goas”, “Servicios de urxencia”, “A familia Pita” (un episodio), “Pratos combinados” (vintetrés episodios), “Mareas vivas” (cento cincuenta episodios”, “As leis de Celavella” (vinteseis episodios” e “O mundo de Celavella” (dez episodios). En cine, representou o papel protagonista en Un café de ollos verdes (A. Simón), Blanca Madison (C. Amil) e O lapis do carpinteiro (A. Reixa). Ademais participou nun total de dezaseis curtametraxes de diversos directores e productoras e en seis spots publicitarios. Desde 1985 é actor e director de dobraxe.