María Luisa Cancela Ramírez Arellano


Categoría: Escritora e profesora
Lugar de Nacemento: Betanzos (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

1973.- Licenciada en Historia (Sección de Historia da Arte) pola Universidade de Santiago. 1974.- Tese de Licenciatura na Universidade de Valladolid. 1991.- Tese de doutoramento. Doutora en Historias pola Universidade de Zaragoza. 1985.- Accede por oposición ó Corpo Facultativo de Conservadores de Museos. 1986.- Ocupa a praza de Conservadora do Museo de Belas Artes de Zaragoza. 2000.- Directora do Museo Pablo Serrano (Instituto Aragonés da Arte e da Cultura Contemporáneos). Na súa actividade investigadora participou en numerosos proxectos de investigación subvencionados por distintas institucións, e gozou de bolsas de estudios con estancias en centros estranxeiros de investigación: Escola Española de Historia e Arqueoloxía de Roma (CSIC) (1975 e 1981), Instituto Arqueolóxico Alemán, estudio en centros museográficos de Bonn, Berlín, Colonia, Trier, Schleswig, Munich e Mainz (1986), King's College de Cambridge (1993). Membro ordinario do International Council of Museums (ICOM). Académica Correspondente da Real Academia de Nobres y Belas Artes de San Luís,1976.- Dirección do programa museístico e montaxe do Museo Municipal de Calatayud. 1991.- Dirección do programa e montaxe do Museo de Cerámica de Zaragoza (Sección do Museo de Zaragoza). 1992.- Dirección da remodelación do Museo Municipal de Calatayud. 1995.- Comisaria da exposición "Goya en Ponce". Porto Rico. 1996.- Coordinación científica da exposición "Goya realidade e imaxe" celebrada en Zaragoza con motivo do 250 aniversario do nacemento de pintor. 1997.- Coordinación científica da exposición "Permanencia da Memoria: Cartóns para Tapices e Debuxos de Goya" celebrada no Museo de Zaragoza. 1999.- Dirección da remodelación da Sección de Belas Artes do Museo de Zaragoza. Participou en calidade de directora ou subdirectora en numerosas campañas de escavacións arqueolóxicas desde 1975. Dende 1975 é profesora - titora da Univ. a Distancia (Centro de Calatayud). O seu labor docente complétase impartindo clases e seminarios como Profesora invitada en distintos Centros Universitarios.

 Obras realizadas

Organizou e dirixiu o I, II e III Curso de Museoloxía da Universidade de Verán da UNED celebrados no Mosteiro de Pedra (Zaragoza) en xullo de 1989, xullo de 1990 e xuño de 1991, respectivamente. É autora de numerosas publicacións científicas.