Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, é especialista en Psiquiatría. Realizou a especialidade en Almería, onde traballou desde 1980 ata 1987, cando se trasladou a Lugo. Neste tempo estivo no servizo de consulta da Unidade de Saúde Mental e en 1989 pasou a dirixi-la Unidade de Hospitalización de Agudos de Psiquiatría do Complexo Hospitalario Xeral-Calde. Desde 1999 é, tamén, responsable de Saúde Mental da área de Lugo, compatibilizando o traballo directivo co clínico na mesma Unidade de Hospitalización. É, ademais, profesor na Escola Universitaria de Enfermería de Lugo desde 1988, impartindo materias de saúde mental. Ten realizado un Máster en Dirección e Xestión Sanitaria, así como estudios de sofroloxía, psicanálise e psicoterapia. Entre os años 2002 e 2005 foi vicesecretario da Asociación Galega de Saúde Mental e a partir de xuño de 2005 é o presidente.
A gran maioría dos artigos e colaboracións en libros que ten realizado están recollidos en publicacións desa asociación, como a revista SISO/SAUDE ou os libros nos que se recollen os relatorios das ‘Jornadas Anuales de Psiquiatría, Psicoanálisis y Literatura’ que anualmente se celebran en Trasalba, no Pazo Otero Pedrayo.