María José Bravo Bosch


Categoría: Política e avogada
Data de Nacemento: 4 de abril de 1967
Lugar de Nacemento: Ourense
 Currículum

Licenciada en Dereito pola Universidade de Navarra (1989), e doutora en Dereito pola Universidade de Vigo (1994), é profesora titular de Dereito Romano na Universidade de Vigo desde xuño do ano 1996. Foi bolseira de ERASMUS na Universidade de Göttingen (1994) e en Florencia (1996). Foi concelleira de Facenda do Concello de Ourense (1995-1998) e directora xeral das Consellerías de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e da de Ordenación do Territorio.

 Obras realizadas

Publicou varios artigos en revistas especializadas en Dereito e a tese de doutoramento "As explotacións minerais na Gallaecia Romana"

 Outros datos de interese

Ten un fillo, gústanlle as motos, o mar, os deportes en xeral e todo o relacionado coa xuventude.