José Gómez Gayoso


Categoría: Político
Data de Nacemento: 28 de abril de 1909 (†6 de novembro de 1948)
Lugar de Nacemento: Maceda-Ourense
 Currículum

Estudiou Maxisterio en Ourense. Antes da Guerra Civil foi secretario do Partido Comunista (PC) en Vigo. Na Guerra Civil loitou contra as tropas franquistas e ó finalizar marchou a Francia e máis tarde a Cuba. Regresou a Galicia (1944), encargado da secretaría xeral galega polo comité central do PCE. En 1948 foi detido na Coruña pola policía logo dunha persecución na que resultou ferido. Foi torturado e executado ese mesmo ano na Coruña.