José Antonio Caride Gómez


Categoría: Profesor e escritor
Data de Nacemento: 18 de Decembro de 1955
Lugar de Nacemento: Vilamarín (Ourense)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Opinión
 Currículum

Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación (Pedagoxía), pola USC (1983). Premio extraordinario de Doutoramento. Profesor titular de Pedagoxía Social no Departamento de Teoría e Historia da Facultade de Ciencias da Educación da USC, desde 1979. Docente nas materias de: Pedagoxía Social, Educación Ambiental, Programas de Animación Sociocultural; ademais de participar en diferentes Cursos de Posgrao e doutoramento. Profesor visitante de diversas Universidades europeas e Latinoamericanas europeas (Arxentina, Chile, Brasil, Portugal e Suíza). Director de proxectos de investigación teses de doutoramento, de licenciatura e de Maxisterio. Presidente de diferentes Comités Organizadores de Congresos e Reunións Científicas, membro de diferentes Consellos de Redacción e/ou Científicos en Revistas especializadas en Educación; coordinador de diferentes Programas de Cooperación Interuniversitaria (Alfa, Intercampus, Sócrates-Erasmus...). Autor de máis de 100 publicacións en libros, monografías, artigos, etc... en temáticas relativas a: Educación e desenvolvemento rural, Educación e sociedade en Galicia, Educación Social e Políticas Culturais, Tempos educativos e sociais, Estratexias e programas de Educación Ambiental, Teorías e metodoloxías en Pedagoxía Social. Cargos académicos, todos na USC, Vicedecano de Investigación da Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación (1984-86), Subdirector do Instituto de Ciencias da Educación (1987-90), Director do Departamento de Teoría e Historia da Educación (1991-97), Presidente da Comisión de Actividades Culturais do Claustro Universitario (1990-94).

 Obras realizadas

OBRAS: 1988: A educación en Galicia. Informe Cero. 1990: A educación en Galicia: Problemas e perspectivas. 1991: O Asociacionismo Cultural en Galicia; Educación Ambiental: realidades y perspectivas. 1992: Factores personales y contextuales: su influencia en el rendimiento académico. 1993: A xornada escolar de sesión única en Galicia. 1996: A participación nas escolas galegas. 1997: Pedagogía Social; Animación Sociocultural: teorías, programas y ámbitos, Imaxes e realidades ambientais, Racism in Europe: A Challenge for Youth Policy and Youth Work. 1998: Current Changes and Challenges in European Teacher Education: Galicia, 131 conceptos clave en Educación Social. 1999: Pedagogía Social especializada, Administraciones Públicas y Movimientos Sociales, As cidades e os rostos da exclusao. 2000: Animaçao Teatral: teoría e práctica, Educación Social y Políticas Culturales. 2001: Educación Ambiental y Desarrollo Humano.

 Outros datos de interese

Actualmente, desde maio de 2000 é Director da Revista "Adaxe" da Facultade de Ciencias da Educación.
En 2009 resultou elixido, por terceira vez consecutiva, presidente da Sociedade Iberoamericana de Pedagoxía Social (SIPS) da que é fundador, cargo electo que ocupa dende 2002.