Cursa estudios de Ilustración na escola de artes Pablo Picasso (A Coruña).
No campo editorial ten feito ilustracións para diversas publicacións, como as revistas ‘e-negociogalicia’ e ‘Raigame’ ou o xornal La opinión de A Coruña. Tamén ilustrou os libros “Os Reis de Galicia” de Anselmo López Carreira e “O memorial do infortunio” de Francisco Castro, ambos editados por A Nosa Terra.
No eido do audiovisual participa como encargado de toda a parte gráfica no proxecto Glest http://www.glest.org , un videoxogo RTS 3D que gaña o certame internacional de videoxogos Art Futura 2004 así como o Mundos Digitales 2005.
Actualmente traballa en Tragnarion Studios (Palma de Mallorca), empresa que desenvolve videoxogos.