É licenciada, doutora en Farmacia e catedrática do Departamento de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica desde 1998. Iniciou a súa actividade no campo das nanopartículas como sistemas de fármacos en 1987. Iniciou a súa formación neste campo na Universidade de París Sur (1986-87) e traballou como investigadora visitante na Universidade de Angers (1988) e o Instituto Tecnolóxico de Massachussets (MIT) (1991-92). É Vicerreitora de Investigación e Innovación da Universidade de Santiago.
Dirixiu 25 proxectos financiados por institucións públicas, entre eles varios proxectos europeos e financiados por institucións internacionais como a OMS e a ‘Bill and Melinda Gates Foundation’. É autora de 97 publicacións científicas en revistas internacionais de alto impacto na área da liberación de fármacos, de dezasete capítulos de libros e de oito patentes. Así mesmo, ten participado como conferenciante invitado en trinta congresos internacionais. MJA e o seu grupo de investigación foi receptor de varios premios de investigación, outorgados por empresas e fundacións nacionais e internacionais e tamén por revistas internacionais. É membro do comité editorial das oito revistas internacionais máis prestixiosas no campo da Tecnoloxía Farmacéutica e dos Sistemas de Liberación de Fármacos.
Foi membro do comité científico e organizador de numerosos congresos e cursos de ámbito internacional e fundadora e presidenta da Sociedade Hispano-Portuguesa de Liberación Controlada (1995). É a coordinadora da Rede Temática de Investigación en Sistemas de Liberación de Moléculas Activas (SLMA). Por último, MJA liderou, por iniciativa da Sociedade Europea para a Ciencia (NSF), grupos de traballo sobre a Nanomedicina e é responsable da división de educación e comunicación da Plataforma Tecnológica Española de Nanomedicina. É fundadora e presidenta da xunta directiva (1995-97) da asociación ‘Spanish Portuguese Chapter of the Controlled Release Society’, ‘Governor’ (1995-98) de ‘Controlled Release Society Inc’, membro de ‘Board of Pharmaceutical Sciences’ da ‘International Pharmaceutical Federation’ (1998-2000), membro de ‘Scientific Advidsory Board’ da ‘Association de Pharmacie Galénique Industrielle’ (1997-2000), secretaria da xunta directiva da ‘Spanish Portuguese Chapter of the Controlled Release Society’ (1997-2000) e pertence á European Federation for Pharmaceutical Sciences. É membro do comité editorial das seguintes revistas internacionais: ‘Pharmaceutical Research’, ‘Journal of Controlled Release’, ‘International Journal of Pharmaceutics’, ‘European Journal of Pharmaceutics and Biopharmaceutics’, ‘European Journal of Pharmaceutical Sciences’, ‘Drug Development and Industrial Pharmacy’, ‘Drug Delivery Sciences & Technologies’ e ‘J. Microencapsulation’. Fala, le e escribe inglés e francés.
En 2011 recibiu o premio Jaume I de Novas Tecnoloxías, concedido pola Generalitat Valenciana e a Fundación Valenciana de Estudios Avanzados.