Emilia Vázquez Cadahía


Categoría: Empresaria de hostalería
Data de Nacemento: 13 de marzo de 1917 (†15 de maio de 2013)
Lugar de Nacemento: San Isidro - Lousada (Lugo)
 Obras realizadas

Nacida na parroquia lucense de Lousada, trasladouse moi nova á capital de Lugo. Máis tarde, e unha vez casada con Cándido Real, fundou na Coruña un bar chamado “El Cascabel”. De regreso a Lugo en 1951, fíxose cargo xunto ó seu marido dunha taberna chamada La Lucense, popularmente coñecida como “Verruga”, dado que o anterior propietario lucía unha de gran tamaño na cara. Poucos anos despois, o Verruga transformouse nun prestixioso restaurante, que aínda hoxe segue en mans da mesma familia, facéndose cargo de continuar a tradición a súa filla Miluca co seu marido Luis Latorre.