Estudia Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. En 1907 licénciase (con premio extraordinario), e máis tarde fixo o doutoramento e ampliou estudios en Estrasburgo. En 1910 regresa á Coruña e traballa como médico de garda, sen soldo, no Hospital da Caridade. En 1911 obtén, por oposición, a praza de profesor auxiliar de Patoloxía Xeral da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela e ó ano seguinte obtén esa cátedra en Madrid. En 1928 viaxa a Cuba onde dá varias conferencias e ó regreso oposita á cátedra de Patoloxía da Universidade de Madrid, obténdoa tras facer unha demostración na lección clínica ensinando unha manobra exploratoria que ninguén coñecía naquel tempo. En 1932 viaxa a Arxentina, onde dá conferencias organizadas polo Instituto Cultural Español.
Entre os libros e ensaios que publicou podemos destacar: Patología general, Sobre la evolución química del sistema nervioso y sobre el substrato material del alma, Physis y Psyquis, El instinto de la muerte, La mujer, nuestro sexto sentido y otros esbozos, Significación y devenir del sexo, La Santa Compaña (novela corta), La indigencia espiritual del sexo femenino (escrita tras un desengano amoroso),...
Na II República foi elixido parlamentario pola Coruña.