Casada e con dous fillos, Mª Isabel Freire licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Iniciou o seu labor como xornalista na Cadena Ser en Santiago e incorporouse á Radio Galega desde os inicios e dirixiu e presentou numerosos programas de actualidade e informativos. Presentou o programa “Sombras de crime” na TVG. É colaboradora habitual de O Correo Galego e Galicia Hoxe con comentarios e entrevistas. Durante catro anos foi xefa de programas da Radio Galega.
En libros colectivos publicou os contos infantís Glub contra Blef e Un susto para Glub (Ed. Ir Indo) e uns relatos nos volumes Narradoras e Narradio (Ed. Xerais). Na actualidade publica unha entrevista semanal na última páxina dos domingos do xornal “Galicia Hoxe”.
Pertence á directiva de GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil).