Licenciado en Filoloxía Hispánica, Subsección Galego-Portugués. Ten a praza no IES Gregorio Fernández de Sarria. Actualmente reformado ou xubilado.
Foi vicepresidente da 'Asociación Terras de Lugo' (entidade xestora dos fondos LEADER 2007-2013 na comarca de Lugo) dende 2008 (ano fundacional) ata que se disolveu a asociación.
Sindicalista da CIG-Ensino. Membro de varias asociacións culturais e veciñais e presidente da Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde dende a súa creación en 2005.
Actualmente Preside a 'Asociación Amigos do Patrimonio de Castro Verde', e representa o Colectivo de Xubilados da CIG en Lugo.
Autor de diversos traballos como: Itinerarios polo Concello de Castroverde, Publicados pola 'Asociación de amigos do patrimonio' coa subvención da Deputación de Lugo e 'Cruceiros, cruces e petos de ánimas do Concello de Castro Verde'. Publicados en diversas 'Actas dos Congresos da Asociación de amigos dos cruceiros, cruces de pedra e petos de ánimas' (2013, 2014 e 2015).
Coautor de Cruceiros, Cristos, Cruces de pedra e Esmoleiros do Concello de Guntín de Pallares 2016, Becerreá 2017, e Cruces misionais do Concello de Palas 2018.