María Hervera


Data de Nacemento: En 1972
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

Licenciada en xornalismo na UCM.

Realiza diferentes cursos e talleres de guión de cine na Complutense, ECAM, SGAE-Fundación Autor e Ars-Media.

Traballa como xornalista, documentalista e transcriptora de guión para distintas produtoras antes de firmar o seu primeiro guión como autora.

 Obras realizadas

Argumentista e coguionista de 'Garbo, el espía (El hombre que salvó el mundo)' coa que obtivo o premio GAUDÍ da 'Acadèmia del Cinema Catalá' a Mellor Guión e o Premio ALMA do Sindicato de Guionistas a Mellor Guión Documental (2010). A película, dirixida por Edmón Roch, conseguiu tamén o GOYA e o GAUDÍ, ambos na categoría de Mellor Longametraxe Documental, en 2010 e foi selecionada en diversos festivais en todo o mundo, obtendo distintas mencións e alzándose co 'Giraldillo de Oro' no Festival de Cine Europeo de Sevilla e o Variety Critic´s Choice no Festival de Cine de Karlovy Vary.

María Hervera e o seu irmán Marcos, son codirectores da longametraxe documental 'AVIÓN, el pueblo ausente' (2012), coproducido por 14Pies, Filmanova, TVE, Minotauro e TVUNAM.

 

FESTIVAIS ATA O MOMENTO:

INTERNACIONAL:

FICG Festival Internacional de Cine en Guadalajara (México). Sección Oficial a Competición, Marzo de 2013.

Cinespaña 2013, Festival du Film Espagnol de Toulouse (Francia) Sección Panorama Documentaires 2013, Setembro de 2013.

 

ESPAÑA:

17´OUFF Festival internacional de Cine de Ourense, Sección Panorama Galicia, Novembro de 2012.

XXVI CINEUROPA Santiago de Compostela, Sección Cineuropa Docs, Novembro de 2012.

Nominado como Mellor Documental nos Premios Mestre Mateo 2013 da Academia Galega do Audiovisual.

Festival Internacional de Cine Etnográfico Espiello, Huesca, Sección oficial, Abril de 2013.

X Festival Documenta Madrid, Sección Panorama do documental español. Maio de 2013.

VIII Mostra de Cinema Etnográfico de Santiago de Compostela, Xuño de 2013.

XXXV Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, Setembro de 2013. Elixida Mellor Longametraxe da Sección Oficial por votación do público.

XI Festival Internacional de Cine de Ponferrada, Setembro de 2013.