Mª Margarita Rodríguez Otero


Categoría: Asesora laboral e fiscal
Lugar de Nacemento: Monforte de Lemos (Lugo)

Opinión
 Currículum

É técnica superior en relacións industriais pola Universidade de Alcalá de Henares e desde 1977 é asesora laboral e fiscal con despacho en Monforte. Foi vicepresidenta da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo (1975) e formou parte da primeira Xunta Xestora da Asociación de Empresarios de Lugo (1976). En 1979 foi número un nas listas municipais do Concello de Monforte polo PSOE. De 1983 a 1987 seguiu como concelleira e deputada provincial en Lugo, delegada de Cultura e Deportes no Concello de Monforte (1987) e deputada no Parlamento de Galicia na terceira lexislatura (1989).
En decembro de 2006 foi nomeada Cronista Oficial da cidade de Monforte de Lemos.

 Obras realizadas

Nos últimos anos dedica moito tempo á investigación histórica, sobre todo en temas sobre Monforte e Galicia. Colabora a miúdo coa prensa sempre con temas históricos. Os seus artigos están espallados en La Voz de Galicia (sección de Lemos) e na actualidade en El Progreso. Tamén participa na revista "Anduriña" como portavoz do Lar Galego de Sevilla, que se envía a tódolos Centros Galegos do mundo para que se coñeza a historia e a cultura da nosa terra. Ten publicado un libro de poesías. As súas poesías están incluídas na revista lucense de creación poética "Xistral", que periodicamente publica o Concello de Lugo.
En 2008 publicou "Os Documentos Fonterosa", obra baseada na tese de orixe galega de Cristobal Colón.

 Outros datos de interese

Casou en 1959 con Enrique López Salgueiro. Ten dúas fillas, Margarita e Sol María. É viúva desde 1975.