Miguel Martin


 Currículum

É licenciado en Socioloxía e en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid e diplomado en Administración e Dirección de Empresas pola UNED, ademais de ten un máster en Organización de Servizos de Orientación Profesional para a Inserción Laboral e o Emprego pola Universidade de Santiago. A súa carreira profesional desenvolveuse integramente na administración pública como xestor e desde 2004 ocupa o cargo de técnico superior de Servizos Sociais do Concello da Coruña, ademais de exercer un labor docente no Máster en Estudos da Unión Europea da Universidade da Coruña. Ademais foi coordinador do Proxecto Equal Coruña Solidaria, técnico local de emprego do Concello de Ferrol, titulado superior sociólogo na Consellería de Familia e Promoción do Emprego e na Consellería de Traballo e Servizos Sociais, na Asociación Chavós e director da Casa de Oficios do INEM Chavorré Callé para a integración da comunidade xitana.

 Obras realizadas

Foi xerente do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM).