Manuel Vilanova


Categoría: Poeta
Data de Nacemento: En 1944
Lugar de Nacemento: Barbantes (Ourense)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Estudou Filoloxía Románica en Compostela, onde fixo a súa memoria de licenciatura sobre “A evolución da poesía de Rafael Alberti”. É doutor pola Universidade Complutense coa tese “A soedade na poesía de Luisa Cernuda”. Catedrático de Ensino Medio de Lingua e Literatura Españolas, exerce en Vigo.

 Obras realizadas

Publicou o seu primeiro libro de poemas, ‘Mejor el fuego’ (Fablas Ediciones, As Palmas de Gran Canaria), en 1972. Na mesma editorial, en 1977, publica ‘El cazador de días’, cun prólogo de Luís Rosales. A súa primeira obra en galego é un longo poemario, unha elexía (‘A tarde chea de verán’, Editorial Mogor) dedicada ó poeta Celso Emilio Ferreiro. ‘E direivos eu do mister das cobras’ (Editorial “La Región”, Ourense, 1980) ten sido considerado por Álvaro Cunqueiro, Varela Jácome, Fernández del Riego, Xosé Mª Álvarez Blázquez e moitos outros, como o poemario máis anovador da lírica galega contemporánea.
En 1985 sae do prelo un novo libro de poemas en galego co título de ‘A lenda das árbores de prata’ (Ediciones Nós, A Coruña) que recibe o Premio da Crítica Galega. En 1988, publica en Málaga ‘Casa para los ojos’ (Colección “Puerta del Mar”). ‘El quinto cáliz’ (Colección Genil, Granada, 1977) é para algúns “o libro máis estremecedor do encontro dun home con Deus”. ‘El corazón del pan’ (Fundación Jorge Guillén, Valladolid, 2002) afonda na veta relixiosa. O seu último libro é o cancioneiro ‘A esmeralda branca’.