Desde 1972, data na que ingresa no entonces Corpo Xeral de Policía, foi ascendendo polas diferentes categorías profesionais do Corpo Nacional de Policía (Inspector, inspector-xefe e comisario), alcanzando así mesmo o número 1 de Facultativos do Corpo Nacional de Policía na especialidade de Dereito. Prestou servicio en Áreas Operativas, como a Comisaría Xeral de Información e a de Seguridade Cidadá e áreas de Xestión ou Apoio (División de Formación e Perfeccionamento, Gabinete Técnico do Director Xeral). Como xefe superior de Policía de Galicia fíxose cargo da implantación e desenvolvemento da Policía de Proximidade e o Programa Policía 2000, así como a reorganización dos servicios contra o tráfico de drogas, tanto operativamente como de reorientación de estratexias dirixidas a desarticula-los grupos organizados. Como xefe superior de Policía de Cataluña, asumiu con éxito importantes retos de transcendencia internacional como a Reunión do Banco Mundial (xuño 2001) ou o Cumio Europeo de Xefes de Estado (marzo 2002), dirixindo así mesmo importantes operacións contra o terrorismo nacional e internacional e outros retos policiais de gran repercusión social como o secuestro sufrido nun colexio de L’Hospitalet de Llobregat, detención do homicida múltiple do Puxet ou a desarticulación de numerosas bandas de crime organizado e de narcotráfico internacional.
Entre as labores que levaron a cabo atópanse a súa pertenza como membro da Comisión Interministerial de Coordinación do Transporte de mercancías perigosas, Xefatura do Gabinete Técnico da Dirección Xeral da Policía, Vocal da Comisión Interministerial Permanente de Armas e Explosivos, Xefe do Centro de Actualización e Especialización da Policía, Comisario Xefe Provincial de Burgos, Xefe Superior de Policía en Galicia, Cataluña e Madrid.
É licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid. Dirixiu o grupo de traballo que participou na elaboración da Lei Orgánica 2/86 de FF. e CC. de Seguridade e o seu posterior desenvolvemento, configurando a normativa actual do Corpo Nacional de Policía. Tamén está titulado en Alta Dirección polo I.E.S.E.-PADE (Universidade de Navarra) e realizou diferentes cursos de especialización policial, tanto en España como no estranxeiro. A súa meritoria labor profesional foi recoñecida coa concesión de numerosas felicitacións públicas e condecoracións policiais e civís (Encomenda de Número da Orde de Isabel a Católica, Cruz de Oficial ó Mérito Civil, Encomenda e Encomenda de Número ó Mérito Civil, Cruces ó Mérito Policial con distintivo vermello (2) e con distintivo branco, Cruz de Prata ó Mérito da Garda Civil e Medalla de Prata ó Mérito da Garda Urbana.