Médico oftalmólogo, formado no Hospital Central da Cruz Vermella (Madrid). É licenciado pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor pola Universidade Central. Exerceu en clínicas privadas, na Seguridade Social e no policlínico "La Milagrosa".
É membro fundador da "Sociedade Galega de Oftalmoloxía" (1970), da que foi o primeiro vicepresidente. Membro de Honra da "Sociedad Hispanoamericana de Oftalmología" e da "Sociedad Española de Oftalmología".
Asistiu a asembleas e congresos nacionais e internacionais, con presentación de varios traballos. Foi premiado coa Medalla de Ouro da "Sociedade Galega de Oftalmoloxía" o 2 de febreiro de 2002.