Grupo Veiga é na actualidade un dos grupos máis importantes a nivel de ocio da ciade de Barcelona. Está integrado actualmente por un total de sete establecementos, entre bares e discotecas, todos eles diseminados pola xeografía urbanística da cidade: "Enjoy Club", "Mil Pasos", "Nayandei", "Pippermint", "Lacity", "Spazio Martini" e "Golden Eye". O seu presidente, Jaime Veiga, fixo da noite de Barcelona o seu mundo. Descubriu a capital catalana con dezaoito anos nunha viaxe de estudos e decidiu despois instalarse. Desde daquela, a súa carreira no mundo da hostalaría foi en ascenso ata converterse na realidade empresarial que hoxe representa. E así o avala, por exemplo, os premios ó Mellor Empresario (1998-2002). Consciente dunha oferta lúdica cambiante e da apertura da cidade ó mar, Jaime Veiga, inaugurou tres salas ubicadas no Centro Comercial Maremagnum, no mesmo litoral barcelonés. Miles de persoas de tódolos países pasan a diario as súas noites de diversión nelas. Unhas modernas instalacións, unha sofisticada tecnoloxía a nivel de luces e son, un cuidado deseño e o marco incomparable do porto de Barcelona son o máis claro reclamo para os miles de clientes que as frecuentan.