Tras estuda-lo bacharelato e COU no Instituto Masculino de Lugo (1965-71), estudou Filoloxía e Francés na Escola Universitaria de Maxisterio (1972-75). En 1976 ingresou por oposición no Corpo de Profesorado, sendo destinado en 1977 a Santa Cruz de La Palma (La Palma - Canarias), onde realiza paralelamente estudios na UNED.
Posteriormente, exerce a docencia nos seguintes centros: ‘Anselmo Pérez de Brito’ (La Palma 1977-1979), ‘San Antonio’ (La Palma 1979-1986), ‘Aquilino Iglesia Alvariño’ (Abadín, 1986-1988), ‘Antonio Insua Bermúdez’ (Vilalba, 1988-1998). Desde 1998 é profesor de Lingua Galega e Literatura no IES ‘Santiago Basanta Silva’ de Vilalba (Lugo).
Foi vicedirector do centro educativo ‘San Antonio’ de La Palma – Canarias (1985-86), director do centro educativo ‘Antonio Insua Bermúdez’ de Vilalba - Lugo (1995-98), director do Equipo de Normalización Lingüística nos centros educativos ‘Antonio Insua Bermúdez’ (1991-1994) e ‘Santiago Basanta Silva’ (1999-2000).
Actualmente é Presidente do Instituto de Estudios Chairegos, para o que foi elixido en Asemblea Xeral o 28 de setembro de 2001.
Colabora habitualmente nalgunhas revistas de ámbito local. Desde o ano 2000 colabora en publicacións colectivas do Instituto de Estudios Chairegos e ven realizando colaboracións nalgúns medios de comunicación.
Foi galardoado co 2º premio de ensaio no Certame Literario do Instituto Masculino (1967), co 1º premio de narrativa no ‘Certame de Contos Breogán 2004’ (XXXVII edición), convocado polo Centro Galego de Barakaldo.
‘Colaboración no deporte de base. Planificación e coordinación’ (Consellería de Educación, Cultura e Deporte. Goberno de Canarias, 1977-1986).
‘Colaboración no deporte. Planificación e coordinación deporte escolar’ (Excmo. Concello de Santa Cruz da Palma, A Palma, Canarias, 1977-1986).