Bacharelato e Preuniversitario no Instituto Masculino de Lugo, hoxe Lucus Augusti. Filosofía e Letras nas Universidades de Santiago e Granada. Master of Arts na Universidade de Columbia, Nova York.
ENSINO: No Colexio experimental Elizabeth Seeger de Nova York, e no Colexio Universitario de Lugo.
Permanece nos EE.UU. de 1965 a 1975: "A Década Prodixiosa" de USA no século XX.
En agosto de 1969 asiste ó mítico concerto de Woodstock.
RADIO: Programas: "De Cero al Infinito", "Sin Espacio ni tiempo", "Universo Invisible". Informativos en Radio Lugo de 1977 a 1981.
En 1979 denuncia a existencia dunha Base Militar Secreta, dirixida por Norteamericanos, no Monte Campelo, Friol, Lugo. Os feitos chegaron ó Ministerio de Defensa e ó Congreso pero o "asunto" foi declarado "Top Secret". Segredo Militar. Tivo serios problemas coas Autoridades Militares do momento.
Sendos programas experimentais en Radio Minuto Galicia e M-80, SER.
Interven nos Congresos "Galicia pola Radio" organizado pola Facultade de Ciencias da Información de Santiago e na "Semana da Radio Española" que organizou a Deputación de Lugo.
TELEVISIÓN: Localia-Telelugo. Programas: "Soy de Aldea", "Cantos de Sirena" ou "Siglo XXI. Un puente entre la Nada y la Nada".
CINE: Forma parte do grupo "Punto de Mira". Tres curtas: "Mateo", "El hombre se hizo hombre" e "La Selva" con Carlos Rodríguez. Os tres recibiron numerosos premios.
Colaboracións no diario El Progreso, a revista 'Entremuros' e na plataforma www.galiciadigital.com
Premio Ondas en 1980, polo programa "Viento del Norte" en Radio Lugo, considerado polo xurado como "o máis creativo e orixinal do ano".
En 2002 expón no Museo Provincial de Lugo, a súa colección de radios, voltímetros e micrófonos dos anos 1920 a 1950. Record de asistencia hasta esa fecha.
En 1973, Nova York, actor nas películas "P.O.W." -Prisioneiro de Guerra- Drama. E "Hot Channels", erótica. Esta última carréxalle serias complicacións coa censura de Richard Nixon.
O seu traballo no cine e na radio aparece reflectido en numerosos xornais galegos e de tirada nacional, así como en: The New York Times, New York Post e Village Voice de Nova York (1972-1973).
No verán de 2022 rematou un guión titulado: Al Quinto Carallo.