José María López Ramón


Categoría: Militar
Data de Nacemento: 19 de abril de 1916
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela
 Currículum

É na actualidade Coronel de Artillería retirado. Desde 1959 a 1963 foi alcalde de Ferrol e procurador en Cortes en representación dos Concellos da provincia da Coruña. Desde 1963 a 1970, Gobernador Civil da provincia de Ourense. Durante dez anos, desde 1949, foi delegado na cidade departamental de El Correo Gallego de Santiago. Tamén foi -1950 a 1963- director da emisora de Radio "La Voz de Ferrol". En ámbolos dous medios - e noutros periódicos e revistas- publicou numerosos artigos e reportaxes. Conselleiro-Delegado do desaparecido periódico "Ferrol Diario", continúa realizando colaboracións na Prensa diaria escrita. Durante a súa etapa como alcalde de Ferrol, iniciáronse as obras da ponte de "As Pías" e as de novo abastecemento de auga á cidade. Inaugurouse o tramo do ferrocarril da Costa de Mera a Ferrol, fundou a Mancomunidade do concello da ría ferrolá e redactouse o primeiro plan de urbanismo da capital do Departamento Marítimo. Na provincia de Ourense apoiou o establecemento das cooperativas e o polígono industrial de San Ciprián, que construíu a Caixa de Aforros provincial a instancias súas. Tivo unha singular preocupación polos problemas da emigración de tan forte implantación naquela provincia.