Ramón Berguer


Categoría: Médico
Data de Nacemento: En 1940
Lugar de Nacemento: A Coruña
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É doutor en Medicina (1962) pola Universidade de Barcelona (España), obtendo o doutoramento en Cirurxía en 1974 na Universidade de Santiago (España); Doutor en Filosofía (1981), Enxeñeiro Mecánico (Universidade de Surrey, Reino Unido) e Doutor Honoris Causa (1987) pola Universidade de Marsella (Francia).

 Obras realizadas

Entre os cargos que ocupa, destacan: Presidente do Instituto Vascular, no Centro Médico de Detroit (Universidade de Wayne State), Detroit, MI (2000-...); profesor de Cirurxía (Universidade Wayne State), Detroit, MI; xefe da división de Cirurxía Vascular (Detroit Medical Center/Wayne State University), Detroit, MI; conselleiro de Cirurxía Vascular no Hospital Infantil de Detroit e coeditor xefe de Annals of Vascular Surgery (Detroit) e Annales de Chirurgie Vasculaire (París). Tamén ocupou os postos de director do programa de adestramento da Asociación de Cirurxía Vascular da Escola de Medicina da Universidade de Wayne State e director do "Acute Stroke Unit Harp".