Licenciado en Teoloxía, Ciencias Bíblicas e diplomado en Filosofía. Foi deán honorario do cabido metropolitano de Santiago de Compostela e deán honorario da Basílica Primacial de Braga (Portugal).
Colaborou en prensa, radio e televisión. Foi o autor de tres biografías do Apóstolo Santiago, dunha guía da catedral compostelá, dun libro sobre figuras ilustres de Galicia, de artigos en revistas e en enciclopedias e dunha traducción, con Manuel Casado Nieto, da Biblia ó galego.
Foi presidente da Xunta Patronal da Cociña Económica de Santiago e secretario da Real Sociedade Económica de Amigos do País, de Santiago de Compostela.