Licenciada en Filoloxía Románica no ano 1972. Tese de licenciatura: Vocabulario do Val de Burón. Bolseira de investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas (1972-75). Doutura en Filoloxía Románica no ano 1975. Tese de doutoramento: Estudios dos sufixos nominais no galego actual. Profesora adxunta interina de Lingua e Literatura Italiana (1975-82). Profesora adxunta numeraria de Lingua e Literatura Italiana (1983-88). Catedrática de Filoloxía Italiana (desde o ano 1988). Directora de traballos de investigación, tesiñas e unha ducia de teses doutorais. Directora de dez proxectos de investigacións subvencionados pola Xunta de Galicia e polo Ministerio de Educación e Ciencia. Imparte seminarios, cursos monográficos, cursos de doutoramento, cursos de especialización para futuros italianistas e para profesores de italiano no estranxeiro. Foi profesora visitante en varias universidades italianas. Dicta conferencias en centros de investigación e relatorios en congresos de italianistas.
É autora dos seguintes libros: Sufixos nominais no galego actual, Santiago de Compostela, 1978, 274 páxinas. Profilo di Sibilla Aleramo. La donna e l'intellettuale nelle opere e nel giudizio dei contemporanei, Santiago de Compostela, 1982, 206 páxinas. Antología de la Literatura Italiana, Ariel, Barcelona, 1986, 450 páxinas. El Apóstrofe en la Escuela Poética Siciliana. Parangón con la lírica gallego-portuguesa, Santiago de Compostela, 1989, 194 páxinas. Viaggio da Napoli à S. Giacomo di Galizia fatto dal Sigr. Nicola Albani. Manuscrito italiano do século XVIII. Edición e versión castelá, Edilán, Madrid, 1993, 293 páxinas. Diccionario italiano-galego, Grafinova, Santiago, 2000, 697 páxinas (AA.VV.) Vita Nuova. Nueva lectura, Centro de Lingüística Aplicada Atenea, Madrid, 2001, 237 páxinas. Ten publicados máis de cincuenta artigos en homenaxes, actas de congresos e revistas de filoloxía e traduccións do italiano ó galego (O Príncipe de Maquiavelo), ó castelán (El Novelino) e do galego ó italiano.Neste momento está dirixindo o Diccionario Galego-italiano e a piques de publicar Gramática Italiana II (contrastiva co gallego) e unha Escolma de Literatua Italiana contemporánea.
Coordinadora e membro do comité científico de varias revistas de Filoloxía. Organizadora de varios congresos de Filoloxía. Foi secretaria da Sociedade Española de Italianistas e decana da Facultade de Filoloxía. Responsable de programas "Erasmus" e "Sócrates" coas universidades de Xénova, Bérgamo, Milán, Údine, Trento e Bari. É directora do Departamento de Filoloxía francesa e italiana.