Blanca Cendán


Categoría: Actriz
 Currículum

Actriz galega da xeración dos 90, formou parte do grupo ‘Chévere’ e da fundación da sala NASA. Colaborou nas compañías ‘ARTELLO’ e ‘Teatro do Morcego’, así como no Centro Dramático Galego na montaxe da obra ‘Salomé’ de Óscar Wilde, codirixida por Roberto Vidal Bolaño e John Eastham. Viviu en Berlín entre 1995 e 1998, onde formou de moitos proxectos da Escola de Cine de Berlín xunto con Hannes Stöhr.

 Obras realizadas

Traballou en series de TV coma ‘Unha de romanos’ e ‘Fíos’, en cine en ‘La buena caligrafia’ de Alex Sampaio e ‘Galatasaray- Depor’ de Hannes Stöhr.

 Outros datos de interese

Actualmente, traballa como profesora de español en Austria.