Manuel González-Granxeiro Rodríguez


Categoría: Hostaleiro
Data de Nacemento: 5 de setembro de 1931 (†24 de decembro de 2012)
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

Realizou estudios no sector de empresas turísticas. Entre os cargos que ocupou podemos destacar: Presidente do Sindicato Provincial de Hostalería e Actividades Turísticas da extinguida Organización Sindical (1965-78), fundador e primeiro presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (1977-87; 1995-2002), cofundador da Confederación de Empresarios de Lugo, concelleiro do Concello de Lugo (1969-87), deputado da Deputación Provincial de Lugo (1983-87), presidente da Confederación de Empresarios de Hostalería de Galicia (CEHOSGA) (1998-2001) e membro do comité executivo da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) (1978-2002). Foi ademais vicepresidente da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Lugo (desde 1998).

 Outros datos de interese

Foi fundador e primeiro presidente das asociacións de veciños de San Francisco Xavier e Sagrado Corazón e da S. D. Hostalería.