Manuel David Cheda Piñón


Categoría: Xornalista
Data de Nacemento: 21 de outubro de 1956
Lugar de Nacemento: Cedeira (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Desde 1990 dirixe o Instituto de Comunicación e Investigacións Sociolóxicas de Santiago. Tamén é correspondente en Galicia de La Vanguardia, xornal que se edita en Barcelona. En medios impresos traballou no Ya de Madrid, foi redactor xefe de El Ideal Gallego na Coruña e delegado de La Voz de Galicia na provincia de Lugo. Igualmente exerceu a correspondencia da axencia "Logos". No eido da comunicación corporativa, foi xefe da oficina de prensa da Xunta de Galicia e asesor do conselleiro de educación e do vicepresidente do goberno autonómico.

 Obras realizadas

Participou na redacción de dous libros colectivos: Cuba en dos tiempos, editado pola Asociación Española de Escritores de Turismo, en colaboración co Instituto Cubano de Turismo, y Como se escribe unha noticia, por iniciativa do Consello da Cultura Galega.