Ós catorce anos entrou como aprendiz na célebre Escola Obreira. Gran xogador de balonmán no equipo do centro, era moi popular entre os traballadores da súa xeración. Foi un dos tres líderes históricos da revolta de Ferrol contra a ditadura de Franco o 10 de marzo de 1972. Tras pasar catro anos en prisión, quedou en liberdade coa transición. Así, ó legalizarse CC.OO. foi elixido primeiro secretario xeral do sindicato nacional de Galicia.
A revolta dos traballadores de Bazán (agora Navantia) tivo tres grandes dirixentes: Rafael Pillado, José Mª Rioboó e Amor Deus. Unha vez que se lle detectou a enfermidade, loitou polos dereitos dos afectados polo amianto e polos dereitos dos represaliados pola ditadura.