Tras licenciarse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu entre 1979 e 1993. A súa carreira política remóntase á súa etapa de concelleiro de Tui (1983-1987), para chegar a ser alcalde da súa vila natal durante tres anos (1987-1990). Tras esta etapa accede ó parlamento autonómico, desempeñando o cargo de deputado ata maio de 1996. Asesor do conselleiro de Ordenación do Territorio, Obras Públicas e Vivenda e presidente de Sogama (1995-1996), Diz Guedes foi tamén presidente do PP de Tui entre 1989 e 1995. En decembro de 1993 accede á súa primeira Consellería Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Nela permanece ata maio de 1996 en que foi nomeado delegado do Goberno en Galicia. Tras desempeña-la subdelegación de Goberno en Galicia, foi Conselleiro sen carteira para 'Relacións internacionais' e 'Conselleiro de Agricultura' da Xunta de Galicia.