Alfredo Garrido García


Categoría: Cantante, autor e compositor, actor e produtor artístico
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Leva dez anos cantando por Europa, África e Sudamérica, vinte discos gravados como cantante e dezaoito anos de director artístico de Philips-Polygram. Hai 30 anos descubriu Galicia e é tanta a súa paixón por esta fermosa terra que toda a súa vida artística se desenvolveu sempre nestas terras, onde ano tras ano acode moitas veces para gozar das súas xentes e da súa terra, e isto é debido a que nos seus xenes están os dos seus avós, que eran galegos.

 Obras realizadas

É o autor das cancións da serie infantil “Marco” e adaptou ou fixo as cancións das series infantís: “Mazinger-Z”, “La abeja maya”, “Tarzán”, “Vickie el Vikingo”, “El pequeño Cid”, “Pippi Calzaslargas” e outras máis de Walt Disney. Tamén é autor de cancións que cantaron artistas de renome internacional como Plácido Domingo, Xil Ríos, Camarón de la Isla, Nino Bravo, Francisco, Greta y los Garbo, Marián Conde… Foi o produtor de moitos grupos e artistas, entre os que podemos destacar: A Quenlla, Xil Ríos, Fuxan os Ventos, Astarot, Avalon, Cantigas de Berce, Chill out celta en galego, The Refrescos, Habaneiras en galego, Xoan Rubia, Nuevas amistades, Así é a miña terra, Paco de Lucía, Plácido Domingo, Tino Casal, Nuevo Mester de Juglaría, Greta y los Garbo, Los Chichos, Francisco, Los del Río...

 Outros datos de interese

Recibiu os seguintes premios:
1967. Medalla de ouro como mellor cantante.
1968. Finalista no Festival de Benidorm.
1968. Escultura testemuña do Pobo de México como cantante con máis calidade e 2º Premio “Afiador de Prata” como cantante no Festival do Miño, coa canción “Mi Tierra Gallega”.
1970. 2º premio como autor Festival do Miño.
1971. 1º premio “Afiador de Ouro” como cantante no Festival do Miño coa canción “A Marola”.
1972. Premio “Torre de Hércules” de prata á calidade como cantante e Premio “Caballero Armado” pola versión como cantante de Mazinger-Z.