Ós doce anos iniciouse no prestixioso obradoiro do seu pai, onde realizou un gran número de obras que exhibiu en exposicións individuais e colectivas por toda España. En 1955 obtivo unha bolsa do Ministerio de Educación e da Deputación da Coruña para estudiar en París na Escola do Louvre, a máis prestixiosa. En París, participou activamente en movementos vangardistas da pintura e a escultura, ó lado de prestixiosos artistas. Ó regresar á súa terra natal, integrouse na Cátedra de Anatomía da Facultade de Medicina como escultor anatómico. Posteriormente, foi tamén Profesor da Escola de Artes e Oficios de Santiago e Profesor da Escola Anatómica de Ensinanza Especial. En 1984, trasladouse de novo a París para expoñer as súas obras no Centro Internacional de Arte Contemporánea.
M. Bonome participou nas seguintes exposicións e certames: “Arte Galega Contemporánea” (1954), “Centro Cultural Internacional”, París (1955), “Xoves artistas españois en París”, Maison Internationale (1955), exposición de arte Palacio de Arte Moderna “El Trocadero”, París (1955), exposición organizada pola Excma. Deputación Provincial da Coruña (1962), Mandragore Internationale, Galerie D’art París (1984), Centre International Wart Contemporains, Salons Des Nations, París (1984), Metropolis, International Galerie D’Art, Ginebra (1984), Salon British Art Fair in the City, Bishopgate Foundation, Londres (1985), Exposición Nacional de Granada (1967), Bienal de Pontevedra (1979 e 1980), Bienal de Portugal (1980), Certamen Nacional de Escultura, Madrid (1986), Exposición en Madrid (1988), Sala del Museo Nacional de Artes Recreativas (1988), Exposición en Barcelona (1989), Exposición Miscelánea patrocinada polo Concello de Santiago, Rectorado da Universidade e Decanato da Facultade de Medicina (1987).
En 1991, o Rectorado da Universidade de Santiago rendeulle unha homenaxe con motivo da súa xubilación.